Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

29/04/2022   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 29/04/22

O movemento ecoloxista consegue que se protexan 1.130 zonas húmidas de Galiza tras 15 anos de pasividade e desproteccón por parte da Xunta e do Estado. Tamén os activistas galegos lideran a o oposición estatal ao real decreto lei que simplifica a tramitación de macroproxectos eólicos e os exime de avaliación ambiental ordinais. E a fábrica de fibras téxtiles de Altri preséntase como nova amezada para o medio ambiente galego.... Esta e máis novas no eido ambiental e ecoloxista de Galiza na última semana. Escóitaas en Radio Cerna!

22/04/2022   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 22/04/22

Alén de celebrarse o Día da Terra, nesta semana cúmprense 15 anos desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que nacía con vocación de favorecer a conservación das especies, mais hoxe en día só unhas poucas das 200 que incorpora contan con plan de conservación e recuperación. Mais, a grande sorpresa da semana foi a do "pacto de país" dos socialistas de Galiza pola enerxía eólica, pero que non contou coas organizacións ecoloxistas nin afectadas pola actual vaga eólica. Se queres obter máis información, escoita Radio Cerna!

08/04/2022   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 08/04/22

O decreto-lei de Sánchez no que exime de avaliación ambiental certos proxectos de enerxías renovábeis fai saltar as alarmas das entidades ecoloxistas, mesmo das estatais. As enerxías renovábeis non poden implantarse á custa de rebaixar as garantías ambientais ou de participación pública. ADEGA advirte de que este decreto en Galiza poría en risco espazos que foron propostos como ampliación da Rede Natura 2000. Doutra banda, a Xunta intenta reparar a súa ilegalidade, constatada polo TSXG, e volve a poñer en exposición púbilca aqueles proxectos eólicos aos que lles recurtou a metade o prazo de alegacións. Estas e outras novas de interese, neste espazo de Radio Cerna!

01/04/2022   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 01/04/22

O goberno de Sánchez, malia a querer diferenciarse do de Feijóo, bota a andar a "lei de depredación" estatal! Vén de aprobar un real decreto que, en virtude da crise xerada pola guerra en Ucraína, pretende eximir de avaliación de impacto ambiental a proxectos eólicos en tramitación e menos de 75 MW e simplificando a tramitación da súa autorización. Este decreto sumado ás leis de depredación da Xunta sitúan á sociedade galega nunha arriscada posición de indefensión fronte os intereses especulativos e espoliadores das promotoras eólicas. Ao tempo, resoa con máis forza que nunca a idea da soberanía alimentaria  e apróbase da DIA de desmantelamento da térmica das Pontes.

18/03/2022   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 18/03/22

A guerra en Ucraína volve instar ao debate social sobre a soberanía alimentaria e enerxética. Organizacións sindicais e ecoloxistas avogan por que se promovan políticas que favorezan condicións de produción propias encamiñadas a autoabastecernos de alimentos e tamén de enerxía. Porén, algunhas asociacións como a de empresarios da eólica pulan polo modelo enerxético centralizado e oligopólico, mentres outros pulan por un modelo descentralizado e público de enerxías renovables. A coordinadora Eólica Así Non convoca a unha mobilización o mércores 23 pola defensa dos dereitos de información e participación da cidadanía durante a vaga eólica e pasado maña, Galiza maniféstase pola Paz nas sete cidades galegas. Por diante, unha semana chea de mobilizacións....

11/03/2022   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 11/03/22

A actualidade medioambiental galega segue xirando arredor da invasión eólica e dos proxectos de enerxía renovábel agresivos co territorio galego: a central hidroeléctrica do Xistral, Monte Neme, etc. Mais as eléctricas procuran novas formas de afacerse co crédito social... Se queres coñecelas, escoita!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal