Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

20/03/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 20/03/15

Escoita as novidades medioambientais que tiveron lugar no país esta semana!

18/03/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

As Catedrais, xacemento romano ou obra da Natureza?

ADEGA, Mariñapatrimonio e outras 6 entidades culturais reclaman que se recupere o xacemento romano da praia de Esteiro, próximo ás Catedrais (Ribadeo) e que se investigue a arqueoloxía deste monumento natural para saber se se podería tratar dunha antiga mina de ouro romana. As últimas informacións emitidas pola Xunta, de xeito oficioso, anuncian que finalmente se dará autorización para levar a cabo un proxecto de recuperación do xacemento de Esteiro. O vindeiro domingo, 22 de marzo, estas entidades tamén organizan un roteiro para poñer en valor todos estes xacementos da Mariña.

16/03/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Expo sobre a morte silenciosa do rural galego

Trata de poñerlle imaxe e voz ao abandono e morte silenciosa do rural galego. A mostra "Os camiños da brétema", promovida polo colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e o fotógrafo Vicente Ansola, estará exposta no Museo provincial de Lugo ata finais de mes. A través dela achegarémonos a crúa realidade, pero desde unha perspectiva colorida. María Xosé Fernández do colectivo poético fálanos da raíz, sentido e finalidade desta exposición.

13/03/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental13/03/15

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país e coñece que actividades ambientais se realizarán os vindeiros días no noso territorio.

11/03/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Contra a expansión das mimosas. Axuda a eliminalas!

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental xunto coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, para este sábado 14 de marzo. Este acto de custodia fluvial permitirá á cidadanía loitar contra unha das plantas invasoras máis perigosas que se atopan no noso territorio: as acacias ou mimosa. Neste programa coñeceremos cales son os seus impactos.

09/03/2015   [00:10:00]   [5.75 MB]

O lobo, autor ou vítima do conflicto?

O biólogo e membro do CSIC, Alberto Fernández Gil, a través da súa tese sobre o comportamento dos grades carnívoros na Cordilleira Cantábrica, pon de relevancia algunhas consecuencias paradóxicas do modelo de xestión do lobo que se está a seguir en Asturias. Conclúe que o control da poboación de lobos, mesmo pode intensificar os ataques ao gando e que as súas poboacións poden verse fortemente alteradas por causas sociolóxicas alleas á especie.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal