Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

22/05/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 22/05/15

Neste programa CERNA facemos repaso da actualidade ambiental da última semana.

20/05/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

A primeira guía de feísmo en Galiza

Vense de publicar a primeira guía do feísmo en Galiza na que se establecen ata 34 tipoloxías diferentes de exemplos que perturban a paisaxe galega. Os promotores desta publicación dixital (Horreum, IBADER e o Observatorio Galego do Territorio) tentan concienciar á cidadanía sobre os impactos que determinadas intervencións humanas xeran no territorio, mesmo aquelas que foron presentadas por administracións públicas ou entidades privadas como iconas do progreso. Entrevistamos a un dos autores do documento para coñecelo máis de primeira man.
O documento pódese descargar en: http://ibader.org/archivos/docs/2015-Guia-Feismo-Galicia.pdf

18/05/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Vía libre para a fumigación masiva de eucaliptos

O Ministerio de Medio ambiente autoriza aos propietarios forestais fumigar cun tóxico perigos para as abellas a todos os eucaliptais afectados coa praga do gorgullo das provincias da Coruña, Pontevedra e nas comarcas do Ribeiro e a Mariña luguesa. Ecoloxistas e apicultores advirten dos perigos deste principio activo (taufluvalinato) para a cabana apícola,a contaminación ambiental e a saúde pública. Tras tres anos de intentos fallidos, a patronal pasteira (Aspapel) e a Xunta acadan esta resolución do Ministerio que se pode facer efectiva ata o 6 de agosto.

15/05/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 15/05/15

A actualidade ambiental da semana en Galiza nun só clic! Escóitanos!

13/05/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

ADEGA convoca a V edición dos Concursos polo Territorio

ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo territorio". Trátase da V edición do certame de fotografía e relato e da IV de curtametraxes. A través destes certames, ADEGA convida á sociedade galega a retratar o territorio por medio da palabra e da imaxe.

11/05/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

As claves para aforrar no recibo da luz

Neste espazo Cerna achegamos algunhas das claves que necesitas saber se queres reducir gastos na túa factura da luz. Alén de minimizar o teu consumo eléctrico diario, podes mudar algunhas das condicións contratadas co teu proveedor de enerxía eléctrica para que o recibo sexa máis barato. O asesor e consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe Acuña, fai as seguintes recomendacións...

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal