Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/07/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 03/07/15

Neste espazo Cerna facemos repaso das novas ambientais máis destacadas acontecidas en Galiza na última semana. Escóitanos!

01/07/2015   [00:10:00]   [5.75 MB]

O polémico plan de conservación da Praia das Catedrais

Hoxe entra en vigor o polémico plan de conservación da praia das Catedrais que tamén tratará de regular o acceso de visitas ao monumento natural. Desde Radio Cerna quixemos coñecer mellor que implica este plan e cales son os seus defectos e virtudes coas dúas partes protagonistas na polémica xerada arredor da súa aprobación: a Consellaría de medio ambiente e o concello de Ribadeo. Por motivos que nos son alleos, ninguén da consellaría de medio ambiente atendeu ás reiteradas chamadas que Radio Cerna fixo no último mes, mais si o fixo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a quen escoitamos neste espazo.

29/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Capacidade de acollida nos espazos naturais protexidos

A capacidade de acollida de visitantes que teñen os espazos naturais protexidos convértese nun tema de actualidade con motivo da presión turística que están a sufrir enclaves naturais galegos como a Praia das Catedrais de Ribadeo. Neste espazo coñecemos a guía máis recente publicada no Estado español onde se determina o método e os aspectos a ter en conta para calcular a capacidade de acollida dos espazos naturais protexidos. Un dos seus autores explícanos que factores deben ter en conta neste cálculo os xestores públicos destes espazos.

26/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 26/06/15

Escoita unha nova xeira de actualidade no eido ambiental de Galiza. Neste espazo repasamos as novas ambientais da semana.

24/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

As consecuencias no ambiente do escuro TTIP

O Tratatado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a UE e os Estados Unidos pode acarrear prexuízos irreversible para o noso medio ambiente. A lexislación europea de carácter ambiental e de seguridade alimentaria podería quedar sen efecto con enormes consecuencias para a protección ambiental e tamén para a nosa saúde. En Galiza, Amigos da Terra está a abandeirar esta loita contra o TTIP como parte das diversas plataformas sociais creadas en toda Europa para responder ás pretensións políticas que apoian este documento non público.

22/06/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Lugoterra: o portal do turismo natural de Lugo

Lugoterra.com é o primeiro portal web para o turismo natural da provincia de Lugo. Foi elaborado pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo en 2013 co obxectivo de concentrar nun único escaparate toda a oferta turística da provincia destinada a aqueles visitantes que queren gozar da paisaxe diversa e do inmenso patrimonio natural e cultural dos seus catro xeodestinos.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal