Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

04/09/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 04/09/15

Retomamos o espazo de Radio CERNA dos venres no que repasamos a actualidade galego no ámbito medioambiental. Preme para escoitar que pasou nos últimos días!

02/09/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

O mexillón invasor pigmeo nas Rías Baixas

O cambio climático está a modificar as condicións das especies mariñas autóctonas e a favorecer a propagación de especies invasoras. Unha destas especies é o mexillón pigmeo de Nova Zelanda que xa está presente nas rías de Vigo e Pontevedra e que preocupa polo seu carácter invasor. Un estudo da Universidade de Vigo detecta un aumento destas poboacións invasoras nas rías baixas e fai unha primeira aproximación ás alteracións que están a provocar no ecosistema mariño galego e, nomeadamente, no mexillón autóctono de Galiza.

17/07/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 17/07/15

Repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza neste espazo que será o último desta tempada de Radio Cerna. Pero regresaremos á volta de vacacións con máis información sobre o ambiente e a cultura galegas. Aquí vos agardamos!

15/07/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Proxecto MARCOS: concentración agraria sen impacto ambiental nin na propiedade

O enxeñeiro agrónomo Iván Díaz López deseñou un modelo de concentración agraria e recuperación de terras abandonadas que evita o impacto da concentración parcelaria e escapa dos cambios de titularidade dos terreos. O proxecto MARCOS avoga por destinar terreo agrario a quen o precisa favorecendo tamén aos titulares das terras. Se queres coñecelo, só tes que premer para escoitalo!

13/07/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Estratexias para recuperar terras de cultivo abandonadas

O abandono e perda das terras de cultivo ou da superficie agraria útil en Galiza é un problema cada vez máis acuciante. No último seminario de verán da USC sobre medio rural debatéronse as distintas formas que existen hoxe en día de recuperar terras agrarias para a produción sen alterar a titularidade dos terreos. Hoxe coñecemos algunhas destas extratexias co membro do Laboratorio do Territorio da USC, Eduardo Corbelle.

08/07/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

O impacto ambiental das fumigacións nas estradas

Na última década a fumigación das beiras das estradas, chegada a primavera, xa é unha práctica habitual que preocupa, e moito, aos grupos ecoloxistas e aos defensores da saúde ambiental e das persoas. Neste programa de Radio Cerna abordamos esta problemática ambiental e os impactos derivados da fumigación masiva de estradas, que en Galiza ten unha especial relevancia. Facémolo co biólogo Cosme Damián Romay Cousido.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal