Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

08/01/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 08/01/16

Retomamos neste ano 2016 os informativos ambientais dos venres en Radio Cerna, nos que repasamos a actualidade galega neste eido. Coñece o que aconteceu esta semana!

04/01/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Consellos para un Nadal máis ecolóxico

Nestas datas de celebración tamén podemos ser ecolóxicos. Enfrontar o consumismo á que nos empuxa o Nadal e o Día de Reis pode ser doado, se temos en conta algúns consellos necesarios. ADEGA ofréceche unha lista de recomendacións no manual "Por un Nadal máis verde".

30/12/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Balanzo 2015 do medio ambiente galego (2)

Aquí facemos a segunda entrega do balanzo ambiental do ano 2015 en Galiza, recollido en Radio CERNA. Neste espazo facemos unha nova escolla dos acontecementos ambientais máis relevantes do ano e que foron difundidos a través destas ondas. Feliz Ano a todas as persoas que nos escoitades!

28/12/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Balanzo 2015 do medio ambiente galego (1)

Esta semana faremos un repaso a fondo dos temas ambientais que definiron este ano 2015 aquí en Galiza. Nesta primeira parte do percorrido anual, abordaremos cuesións como os avances na mitigación do cambio climático, a través do Cumio de París, a política forestal de Galiza e a expansión do eucalipto, a prórroga de Ence en Lourizán ou a avespa asiática, entre outros fitos ambientais de 2015. Non o perdas!

23/12/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

A orixe dos osos pardos de Galiza

Unha tese do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Ponda (UDC) asinada pola paleontóloga Ana García Vázquez conclúe que os osos pardos modernos que habitan no noroeste ibérico non proceden dos osos prehistóricos que vivían nese mesmo territorio, que inclúe as montañas orientais de Lugo. Isto implica que os osos pardos xa se extinguiron varias veces no noso territorio ao longo da Historia e que hoxe en día os osos pardos que visitan as nosas terras proceden de Portugal ou mesmo de Francia. Escóitanos para coñecer os detalles deste estudo.

21/12/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cumio climático de París: unha decepción máis que non debemos permitir!

Era previsible e ao final resultou decepcionante. Os grupos ecoloxistas galegos manifestan a súa crítica aos resultados do Cumio do Clima do París por inconcretos, pouco ambiciosos e fóra de toda realidade. O acordo dos 195 países que partiparon neste encontro mundial non será vinculante para a redución de gases contaminantes, nin para o investimento económico, nin para o cambio do modelo enerxético. Amigos da Terra, ADEGA e a FEG desmenten aqueles que consideran que o acordo climático de París foi un paso importante na loita contra o quecemento global e chaman á mobilización urxente da sociedade.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal