ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Material divulgativo / Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

Presentación do Proxecto Ríos

En 2005 nace o Proxecto Ríos en Galicia, coordinado por ADEGA, cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade este proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través dos organismos Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.

Descargar

Fichas e manual de inspección

O Proxecto Ríos proporciona, gratuitamente aos participantes, un material de inspección que consiste no manual de inspección, fichas identificativas de flora e fauna e reactivos para a análise de augas.

Descargar

Calendario de actividades

Ao inicio do ano, o Proxecto Ríos edita un calendario coas actividades máis salientables programadas para o novo curso. Aparecen nel as campañas de inspección, os cursos de formación, o roteirríos, o encontro de voluntariado, etc.

Descargar

Póster macroinvertebrados

En 2012 Proxecto Ríos editou un póster cos principais macroinvertebrados que podes atopar nos ríos galegos. Estes animais axúdannos a comprobar o estado de saúde dos nosos ríos. As persoas e os grupos que participan no Proxecto Ríos poden recollelo gratuitamente. Tamén se pode adquirir no local nacional de ADEGA (1,50€) ou poñéndote en contacto con nós 981 57 00 99.

Descargar

Flora nemoral

O folleto de flora nemoral presenta dez especies de plantas que medran no sotobosque ao final do inverno e principios da primavera. Con este material poderás observar e identificar algunhas das primeiras flores do ano. O folleto ten formato para imprimir por ambas caras e dobralo horizontal e lonxitudinalmente.

Descargar

Custodia fluvial Ulla Umia Lérez

O proxecto de Custodia fluvial desenvolveuse no GDR 20, dende 2010 a 2013. Nesta iniciativa numersoas entidades locais desenvolveron proxectos de custodia poñendo en valor os recursos dos seus ríos. O caderno resume estas actuacións

Descargar

Manual de Custodia Fluvial

O Manual de Custodia Fluvial convértese nunha ferramenta útil para promover actividades de custodia do territorio. Está dirixido a todas aquelas persoas e entidades que teñan interese en participar de forma activa na protección, conservación e mellora dos ríos e zonas húmidas.

Descargar

Libro e Vídeo dos 10 Anos do Proxecto Ríos

Libro conmemorativo do décimo aniversario do proxecto onde se fai balance das actividades realizadas durante esta década, poñendo en valor o traballo do voluntariado participante e da sociedade en xeral.

Descargar

Póster Zonificación Legal dos Ríos

Os ríos están suxeitos a unha lexislación específica que ten unha zonificación legal, na que se regulan os usos, actividades e actuacións tanto do solo como das canles e ribeiras.

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal