ADEGA Publicacións

Radio CERNA

Inicio / Material divulgativo / Protocolos de limpeza

Protocolos de limpeza

O papel do voluntariado ambiental na eliminación de especies invasoras. Campo de Voluntariado ambiental no río Tea

Póster presentado no EEI 2012. 4º Congreso Estatal sobre Especies Exóticas Invasoras. Pontevedra 10 -11 Setembro de 2012. Breve descrición do traballo realizado dende 2007 ata 2012 en 16 campos de voluntariado ambiental no río Tea organizados por Proxecto Ríos. Contén un cadro explicativo coas cuestión a ter en conta na eliminación de especies exóticas invasoras con voluntariado ambiental.

Descargar

Protocolo para a Limpeza de Praias (edición 2012)

Principais pasos a seguir á hora de organizar unha limpeza de Praia. Describe de forma concisa qué debemos facer antes, durante e despois dunha limpeza dos nosos areais. Destaca entre outras cousas a importancia da reducción do consumo de plástico, precaución nas praias de aniñamento de píllara e a importancia do argazo nos ecosistemas litorais.

Descargar

Protocolo de Limpeza de Ríos (edición 2012)

Este sinxelo protocolo explica os principais pasos a seguir para realizar unha limpeza de ríos “ecolóxica” e respetuosa cos ecosistemas fluviais. O manual informa da época idónea para realizar os traballos, que é o que se debe retirar e que non e outras particularidades do xeito de facermos unha limpeza fluvial. Tamén coñeceremos que hai que facer en cada fase previa e posterior da limpeza.

Descargar

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal