Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
A Coordinadora Eólica Así Non convoca a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización que terá lugar o vindeiro 5 de xuño en Santiago de Compostela para reclamar unha alternativa xusta e sustentábel ao actual modelo enerxético.
O 22 de maio celébrase o Día Mundial da Biodiversidade. As entidades ADEGA, SGO, SGHN, Morcegos de Galicia, PDCC, Hábitat, Verdegaia e a FEG vimos de achegar a Xunta e Ministerio propostas para diminuir o impacto das renovábeis na biodiversidade
Un proceso industrial con alto consumo de recursos que traerá máis eucalipto. A área de implantación da fatoría acolle a hábitats únicos e especies en perigo de extición
Os Planos Hidrolóxicos de Galiza-Costa e Miño-Sil incorporarán logo de 15 anos 1.131 humidais como zonas protexidas. É unha demanda histórica do ecoloxismo que compensa o feito de que só tiñamos 6 humidais protexidos en todo o país
Esta semana, cúmprense 15 anos da aprobación do Decreto 88/2007, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Porén, os seus obxectivos aínda están lonxe de acadar pola inacción administrativa da Xunta.
Un decreto estatal suspende por tres anos a tramitación ambiental dos parques eólicos, substituíndoa por un informe de parte sen consulta pública. Asemade, redúcense e concéntranse os prazos e trámites, tal como fixera Feijóo coa lei de "depredación"
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal