Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Indignación nas setes cidades galegas ante a...
22-07-2022
Miles de persoas concentráronse onte nas rúas das sete cidades galegas convocadas pola plataforma "Por un monte galego con futuro" para amosar a súa indignación ante a actual vaga de lumes, que xa consumiu unha superficie de máis de 30.000 hectáreas.
De xeito simultáneo, léuse o manifesto acordado entre as máis de 50 entidades integradas na plataforma, no que se denunciou que a "Xunta siga empregando o monte galego como obxecto de especulación, ou como solo barato para as grandes coorporacións multinacionais que expulsan ás persoas do rural na procura do seu lucro privado, agardando que non se aproveite esta situación de desgraza ambiental e social para favorecer os intereses dos lobbys enerxético, mineiro, urbanístico, e forestal."
Á vez, neste documento, recolléronse reivindicacións xa históricas para co coidado e conservación do monte galego que "xa non ten a capacidade de limitar o alcance dos lumes, nin tampouco a capacidade de se rexenerar tras arder década tras década":
A Plataforma "Por un monte galego con futuro" está integrada polas seguintes entidades:
Colectivos que a integran: A Estruga, A Rente do Chan-Pladever, A Ría Non se Vende, A Terra Non se Vende (ATNSV), Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro, Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Amigos da Terra, Anduxía, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Senda Nova, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques "O Ourol de Anllóns", Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a defensa medioambiental Salvemos Monteferro, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Galega Cova Crea, Asociación Cultural Bidueiro, Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), Asociación de Custodia do Territorio Brexa, Asociación Frouma, Asociación Medioambiental Galicia Ambiental, Asociación Medioambiental Grupo Lobo, Asociación Monte Galego, Asociación Montes de Galiza (MONTEGAL), Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación Naturalista Hispella, Asociación Rebinxe, Asociación Rexeneración Autóctona, Asociación Veciñal do Saviñao, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Comando Ghichas, Confederación Intersindical Galega (CIG), Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Federación Rural Galega (FRUGA), Foro do Camiño, Fundación Eira, Greenpeace, Grupo Naturalista Hábitat, Instituto de Estudos Miñoráns, Mariña Patrimonio, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo «CÍES», Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Quercus Sonora, Salvemos as Fragas de Catasós, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), SOS Groba, SOS Suído Seixo, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal