ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Premios Osíxeno e Dioxina 2014 ás millores e...

02-01-2015

Premios Osíxeno e Dioxina 2014 ás millores e piores actuacións ambientais do pasado ano

Un ano máis, e van xa 14 edicións, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA). En 2009 instituiuse o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira edición recibíu D. Isaac Díaz-Pardo.

Premios Osíxeno 2014 ás millores actuacións ambientais do ano

-Premio OSÍXENO 2014, categoría individual: Xosé Luis Rodríguez Domínguez, presidente de ASOAR-ARMEGA (Asociación de armadores de artes menores de Galiza) polo seu incansábel traballo en defensa das nosas costas e da pesca sustentábel.

-Premio OSÍXENO 2014 categoría colectivo: Plataforma Sarriana polo Río (Sarria), polo seu compromiso en defensa do bosque de ribeira e do patrimonio de Sarria fronte ao desleixo das institucións.

-Premio OSÍXENO de honra 2014Xosé Manuel Penas Patiño, membro histórico da SGHN e fundador do GOG (Grupo Ornitolóxico Galego), pola súa traxectoria de compromiso coa divulgación e a defensa da natureza.

Premios Dioxina 2014 ás acccións máis nefastas para o ambiente

-Premio DIOXINA 2014 categoría individual: Luis Lamas Novo, Presidende de SOGAMA, pola súa teima na defensa do modelo antiecolóxico, ruinoso e caduco para xestión dos residuos sólidos urbanos que é SOGAMA.

-Premio DIOXINA 2014 categoría colectivo: Equipa directiva da D. X. de Patrimonio da Xunta de Galiza polo seu desleixo, abandono e mesmo actuacións agresivas para co noso patrimonio histórico e arqueolóxico: Cova de Eirós, Castelo de Monterrei, castros da Mariña...

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 17 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal