ADEGA

Educación ambiental

Formulario de busca
30/11/2021

Este xoves ADEGA celebra unha xornada de formación sobre o coidado dos ríos na cidade da Coruña

Coincidindo coa Semana do Voluntariado, ADEGA organiza o próximo xoves, 2 de decembro, na cidade da Coruña as xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” abertas ao público xeral.

+info

19/10/2021

Máis de 1000 persoas participaron na X edición da Limpeza Simultánea de Praias

26 entidades entidades e 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na Décima edición da Limpeza Simultánea de Praias.

+info

08/10/2021

ADEGA convoca a X Limpeza Simultánea de Praias para os 15 e 16 de Outubro

ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, unha xornada de voluntariado ambiental que ten como propósito concienciar á sociedade na loita contra a contaminación mariña. Esta X edición terá lugar durantes os vindeiros 15 e 16 de Outubro

+info

27/09/2021

Resultados XIV Limpeza Simultánea de Ríos

O domingo 26 de setembro de 2021 realizouse a XIV Limpeza Simultánea de Ríos en 51 concellos de toda Galiza. En cada localidade a actividade foi coordinada por diferentes entidades, chegando ás 67.

+info

02/09/2021

Saída ao ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N. do Invernadoiro

Xornadas de Voluntariado Ambiental, Estudo e Seguimento do Rilón (Glis glis) e de Quirópteros

+info

03/08/2021

Proxecto Ríos organiza dúas Noites de Morcegos en agosto

As xornadas sobre os quirópteros e o bosque de ribeira realizaranse os días 5 e 11 de agosto en Allariz e Monforte de Lemos

Proxecto Ríos, programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, vai realizar neste mes de agosto dous cursos de formación sobre quirópteros e o bosque de ribeira, que se impartirán en dúas “Noites de morcegos"

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal