Inicio / Novas / Delegacións /
A delegación de ADEGA en Vigo promove unha limpeza de praias dentro do marco da VII Limpeza Simultánea de Praias. Será o día 20 de Outubro, ás 10:30h, nas praias de Alcabre. Agardámoste!
ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións de Patrimonio Cultural da Xunta que poderían ser constitutivas de delito, entre elas, a destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo.
Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, denuncia a nova destrución e cimentación do Camiño Primitivo ao seu paso polo concello de A Fonsagrada (Lugo), entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas.
Cinco longos anos son os que leva o río Támega, através das súas afluentes Cabras e Cereixo, soportando agresións e sufrindo verquidos de metais pesados unha e outra vez provintes das obras do AVE
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar no Seprona unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos.
Novo pulo á compostaxe no concello de Santiago de Compostela. Está aberto o prazo para solicitar un composteiro doméstico de 340L para a veciñanza de Figueiras e Gríxoa. Se tes unha horta ou xardín e queres colaborar, apóntate xa!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal