ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Vigo

Vigo

09/01/2019

ADEGA presenta alegacións ante o PRUX do parque natural Monte Aloia

#SerraDoGaliñeiro

ADEGA, xunto coas demais asociacións integrantes da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, veñen de presentar alegacións ao PRUX do parque natural Monte Aloia co fin de incluír á Serra do Galiñeiro dentro dos límites do devandito parque.

+info

07/01/2019

ADEGA demanda a paralización inmediata do campionato de caza do raposo

#stopcaza #raposovivo

ADEGA vén de solicitar á consellería de Medio Ambiente a paralización e prohibición dos campionatos de caza de raposo na Galiza, unha actividade que presenta unha gran repulsa social e que provoca un grande impacto negativo nas poboacións de raposos.

+info

25/11/2018

ADEGA oponse ao proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo e da área comercial en Mos

O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos está a ser tramitado mediante unha modificación puntual do PXOM do concello de Mos e pretende expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común.

+info

18/11/2018

ADEGA Vigo notifica unha nova vertedura no río Lagares

ADEGA Vigo vén de notificar ás autoridades competentes unha nova vertedura no río Lagares na altura do estadio de Balaídos

+info

10/10/2018

ADEGA-Vigo participa na VII Limpeza Simultánea de Praias cunha limpeza en Alcabre

A delegación de ADEGA en Vigo promove unha limpeza de praias dentro do marco da VII Limpeza Simultánea de Praias. Será o día 20 de Outubro, ás 10:30h, nas praias de Alcabre. Agardámoste!

+info

09/05/2018

ADEGA-Vigo alega na defensa das últimas carballeiras da cidade

ADEGA-Vigo vén de presentar, xunto coa veciñanza do barrio de Navia, alegacións ante a segunda modificación do plan parcial de San Paio de Navia, plan que supón a eliminación dunha das últimas carballeiras da cidade de Vigo.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal