Inicio / Novas / Delegacións / Lugo
O novo informe do ICOMOS solicitado polo Foro do Camiño Primitivo, plataforma da que forma parte ADEGA, é crítico coa actuación prevista polo Concello no punto no que conflúen dous Patrimonios da Humanidade o Camiño Primitivo e a Muralla.
A delegación de Lugo de ADEGA organiza un ano máis as xornadas de verán "Os catro elementos". A terra, auga, aire e lume volven a ser os protagonistas das actividades propostas nos meses de xullo e agosto.
A Confederación Hidrográfica Miño Sil vén de comunicar a ADEGA que resolveu denegar ao Clube Fluvial de Lugo a solicitude de renovación da concesión polo prazo legal máximo previsto da ocupación, así como a legalización das instalacións existentes.
ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
O pasado 18 de maio fíxose público un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, o cal cuestiona a viabilidade dun Plan urbanístico deseñado para crear unha nova urbanización industrial na parte norte da cidade de Lugo.
A delegación de Lugo de ADEGA, pon en marcha as xornadas “Ecoloxía na cidade” centrándoas neste mes de abril no lixo, e a súa problemática en canto á xeración e xestión.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal