ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

13/06/2023

ADEGA-Lugo oponse ao proxecto corazón verde entre murallas Praza de Santo Domingo Rúa do Teatro

ADEGA vén de presentar un escrito no Concello de Lugo en contra do proxecto Corazón verde entre murallas Praza de Santo Domingo e rúa do Teatro, tramitado sen participación pública e que pretende a destrución dunha das poucas zonas verdes do centro.

+info

18/04/2023

ADEGA-Lugo xunto con outros colectivos de Lugo alegamos contra a Rolda Leste

Esta mañá presentamos as alegacións ao proxecto da Rolda Leste, nun acto simbólico que reuniu colectivos ambientais, culturais e veciñais de Lugo así coma os grupos políticos BNG e C's.

+info

05/04/2023

Colectivos ecoloxistas, ambientalistas, sociais e culturais de Lugo asinan o manifesto na Defensa do Val do Río Rato

ADEGA xunto con unha trintena de colectivos de Lugo e provincia, veñen de asinar un manifesto na defensa do val do río Rato, pulmón verde de Lugo, ameazado polo proxecto de construción da Rolda Leste.

+info

17/03/2023

ADEGA reclama á CHMS que denegue a autorización do proxecto da Rolda Leste, sen avaliación ambiental

Pese a que o proxecto contempla unha autoestrada urbana nun dos enclaves mellor conservados da cidade de Lugo, e afectará a cursos fluviais, non se vai a someter a avaliación ambiental.

+info

02/03/2023

ADEGA Lanza a campaña "Salvemos o pulmón verde de Lugo" en contra da Rolda Leste

Durante o mes de marzo desenvolveranse diferentes actividades de divulgación dos valores ecolóxicos e sociais da zona, así como un debate político.

+info

30/01/2023

ADEGA Lugo convoca unha reunión informativa sobre o PE Picato e require a actuación do Concello e Deputación de Lugo

ADEGA-Lugo promove unha reunión o vindeiro mércores ás 20.30 no local de Fontiñas para informar a veciñanza sobre este proxecto con graves afeccións ambiental, cultural e social autorizado pola Xunta de Galicia.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal