ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
18/01/2019

ADEGA cualifica de irresponsábel e perigoso que poidan ocultarse os lugares de celebración dos campionatos de raposo e pide a súa anulación

A efectos da seguridade e da protección civil, non debería permitirse a súa celebración pola falta de publicidade

Informacións non oficiais apontan que este 20 de xaneiro está axendado o “campionato” galego e o 2 de febreiro a “copa estatal” dos que actualmente descoñecemos día e lugar porque a información desapareceu do calendario das entidades organizadoras...

+info

14/01/2019

Escolma ambiental de 2018 e perspectivas para 2019

Co novo ano facemos balanzo das principais cuestións abordadas en 2018 e como se presentará o panorama ambiental para esta vindeira xeira

+info

09/01/2019

8 entidades ecoloxistas e conservacionistas pedimos á Xunta que denegue unha tiroliña na Ribeira Sacra

Vimos de remitir escrito a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de construción dunha tiroliña entre ambas marxes do rio Sil, na Ribeira Sacra

+info

28/12/2018

TOUROLEAKS (3): Cobre San Rafael propón facer un parque temático da contaminación mineira

Semella unha brincadeira mais non o é. A mineira de Touro xustifica non ter descontaminado o río pola presenza de organismos estremófilos de interese para estudar a vida extraterrestre e propón criar un parque temático de bacterias.

+info

11/12/2018

TOUROLEAKS (2): A mineira de Touro culpa ás vacas da contaminación dos ríos arredor da mina

Ao igual que as balsas e as entulleiras, o expediente mineiro de Touro non para de producir verteduras. Desta volta, xustifican os elevados níveis de metais tóxicos nos regos que drenan o complexo mineiro, culpabilizando ás explotacións gandeiras

+info

11/12/2018

España poñerá as abellas en perigo se non apoia a guía europea para protexelas dos pesticidas

Máis de 100 entidades enviamos carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, na que solicitanmos o apoio á proposta da Comisión Europea para a adopción do Documento Guía da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal