ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
24/10/2019

Industria vese obrigada a suspender todas as autorizacións e obras do parque eólico do Iribio

Onte á tarde chegaba a ADEGA notificación do director xeral de Enerxía e Minas, A. Bernardo Tahoces, coa orde de suspensión temporal de todas as autorizacións outorgadas desde 2007 ao parque eólico do Iribio e coa orde de paralización das obras.

+info

21/10/2019

O TSXG suspende cautelarmente o Acordo do Consello da Xunta que autoriza a modificación do PE do Iribio

Tras este auto, a Xunta e os concellos de Samos e Triacastela deben ordear de inmediato a paralización das obras do parque eólico.

+info

09/10/2019

ALCOA recoñece incumprimentos dos límites de emisión e pide á Xunta permiso para aumentar a contaminación

ALCOA solicitou á Xunta anovar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) das súas fatorías de alúmina e aluminio en San Cibrao. Ao enorme consumo de enerxía e insumos engádense fortes emisións contaminantes que a empresa mesmo quere ampliar.

+info

04/10/2019

Peche de ENDESA: unhaa empresa que sempre foi ao seu grazas a gobernos miopes e pasivos

A pasividade gobernamental e en concreto a da Xunta coas emisións das térmicas foi sempre manifesta. Tivo que vir a UE e aprobar unha nova lexislación máis ríxida para aminorar algo a contaminación. Un artigo de Ramón Bvarela, ex-presidente de ADEGA

+info

03/10/2019

Nova denuncia na Fiscalía polas obras do camiño de acceso ao paque eólico do Iribio

ADEGA e a SGO piden á Fiscalía que investigue se Fergo Galicia Vento SL e o Alcalde de Samos incorren en delito por permitir o acceso ao cumio da serra por un camiño non autorizado pola Xunta.

+info

01/10/2019

A "emerxencia cinexética" declarada pola Xunta pon en elevado risco a seguridade das persoas

ADEGA considera unha temeridade que a Xunta permita cazar xabaril sen límite de cupo e a diario en 33 concellos

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal