ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
01/07/2014

Ecoloxistas e investigadores/as en defensa das nosas árbores senlleiras fronte á desprotección que pretende a Xunta

A Xunta pretende modificar o dec. 67/2007 das Árbores Senlleiras para "simplificar" a xestión e "axilizar" trámites. Na práctica supón a desprotección efectiva deste patrimonio natural, como alegamos ecoloxistas e investigadores do Comité das Árbores

+info

30/06/2014

ADEGA publica a primeira edición de CERNA en soporte dixital

A revista galega de medio ambiente e ecoloxía CERNA lanza a súa primeira edición dixital recompilatoria dos artigos publicados durante este ano no seu soporte web adega.gal/revistacerna. Xa está á túa disposición!

+info

25/06/2014

Villar Mir pontea á Xunta e pide ao ministerio 112 MW eólicos sobre flora en perigo crítico

Villar Mir Energía S.L. con domicilio na Torre Espacio do Paseo da Castellana, vén de solicitar ao ministerio 2 parques eólicos de 59,4 e 52,8 MW nos concellos de Vimianzo, Zas, Coristanco, Carballo e Tordoia

+info

18/06/2014

A compostaxe caseira esténdese polas parroquias de Pontevedra

Catro novas parroquias incorpóranse nesta 3ª edición do programa de compostaxe caseira

Este 17 de xuño iniciouse o terceiro programa de compostaxe caseira en Pontevedra. Este concello entende que os residuos orgánicos non son lixo, e non deben transportarse centos de quilómetros e rematar nun vertedoiro ou queimados en SOGAMA

+info

16/06/2014

Multas de 6.900€ e recurte de dereitos por defender os nosos bosques

Aos 6.900€ de multas impostos pola subdelegación do governo a 9 integrantes da Plataforma Sarriana polo Río hai que engadir a poda normativa coa que a Xunta quere restrinxir ainda máis a participación cidadá na protección das árbores senlleiras

+info

09/06/2014

Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces

Máis de 40 entidades defensoras do bosque galego lanzamos na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por ADEGA, pretende sumar esforzos en recuperar o valor do bosque como recurso cultural, económico e ambiental

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal