ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
19/02/2020

ADEGA Vigo aposta pola peonalización sen túnel da zona vella de Vigo

#VigoSenFumes

ADEGA Vigo, xunto con outros colectivos ambientais e sociais da cidade, súmase ao manifesto do colectivo Vigo Histórico co fin de demandar outra solución sen túnel para o actual proxecto de peonalización da Porta do Sol.

+info

17/02/2020

As caldas artificiais de Lugo son un despilfarro enerxético

O proxecto contempla a construcción dunhas piscinas exteriores de auga quente. Auga que será tomada do abastecemento e quentada mediante aerotermia, nunha cidade que conta con augas termais.

+info

16/12/2019

Lugo de Cara o Miño, plataforma da que forma parte ADEGA, presenta as súas demandas ao renovado goberno municipal

A plataforma Lugo de Cara o Miño ven de reunirse cos Concelleiros de Medio ambiente e Urbanismo Sostible, co gallo de presentar a plataforma ao novo goberno municipal e de coñecer o estado dos expedientes que afectan en maior grao ao Río Miño.

+info

30/11/2019

Masa crítica reivindactiva:29 N ao Día sen Compras

En contraposición ao consumismo irresponsable

Membros de Adega, SGHN, Masa Crítica, Verdegaia, Greenpeace ,Artabria,etc sumáronse a marcha ciclista "Masa crítica" iniciada xunto a un mega-establecimiento comercial e contra o consumo irresponsable e desmedido

+info

26/09/2019

Estratexia Galega de Economía Circular 2019-2030: moito de estratexia, pouco de circular

A Xunta sacou a exposición pública o pasado agosto a EGEC. O documento parte dunha análise distorsionada da realidade galega e contempla a economía circular máis como outro xeito de crecemento que como unha necesidade para a supervivencia.

+info

08/08/2019

Lugo de Cara ao Miño organiza durante este verán andainas semanais para a custodia do río

A iniciativa que vén de pór en marcha a plataforma, aberta á participación de toda a cidadanía, consiste na realización de paseos dunhas dúas horas de duración, unha vez por semana, para comprobar o estado do río ao seu paso pola contorna de Lugo

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal