A contaminación lumínica, menos coñecida que a acústica ou a atmosférica, é outro xeito de polución da sociedade do consumo. Na semana do 4 ao 10 de abril, pretendemos sensibilizar á cidadanía e ás institucións para loitar contra este fenómeno
Vén de publicarse o número 5 de Sermos-ADEGA, que desta volta está dedicado á prórroga de ENCE por 60 anos máis na Ría de Pontevedra. Inclúe artigos de Antón Masa (APDR), Fins Eirexas e Adela Figueroa (ADEGA).
Paratermo Energía SL pretende instalar unha planta química para gasificar carbón e producir metanol en pleno Macizo Central ourensán e dentro do territorio de cría da aguia real. Outro "proxecto milagre" no medio do monte a ver se alguén pica...
En 2015 iniciabamos un proxecto novidoso de porta a porta rural en San Sadurniño, cunha rota de 40 km na que se recolle o lixo a 70 vivendas rurais. Ante o éxito do proxecto, este ano amplíase a outras 45 casas con 72 km de percorrido
Adega presentou á cidadanía algúns consellos que poderán poñer en práctica na cociña, na iluminación da casa, no automóbil, etc. Tamén contactouse con concelleiros de Ferrol e outras personalidades relevantes da comarca.
Diversas organizacións ecoloxistas participamos cun módulo de educación ambiental para a formación de persoal experto en compostaxe, dentro do programa que promove a Deputación de Pontevedra
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal