ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
11/02/2019

CERNA 80: repetindo e reparando os erros do pasado

ADEGA publica a edición número 80 da revista CERNA

ADEGA publica unha nova edición da revista CERNA na que se recollen artigos sobre a ILP do Bosque, a biodiversidade entre eucaliptal e carballeiras, os soutos e castiñeiros, a invasión da ameixa asiática, o Plan Revitaliza ou o Sobreiral do Arnego.

+info

06/02/2019

TOUROLEAKS (4): A solución da mineira de Touro para evitar a contaminación dos ríos: suprimir os ríos!

No culebrón mineiro de Touro sucédense os capítulos cada vez máis delirantes. Ante a contaminación dos ríos a mineira propón, seguindo a "doutrina G.W. Bush", eliminalos bombeando as augas a unha balsa, que tería que baleirar ao abrir de novo a mina!

+info

05/02/2019

Crónica da eliminación de EEI en Razo-Baldaio

ADEGA organizou unha xornada de voluntariado ambiental o 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais. O lugar escollido para esta nova actuación é un dos humidais senlleiros da costa galega que comeza a sufrir a problemática das EEI

+info

04/02/2019

Autovía A-57: gastar cartos públicos para manter o negocio de Audasa

Este 4 de febreiro remata a prazo de alegacións do novo treito da A-57 proxectada como circunvalación de Pontevedra. Unha infraestrutura sen demanda social, cara e froito de políticas de mobilidade caducas e insustentábeis

+info

27/01/2019

A Federación Galega de Caza, xuíz e parte nos campionatos de raposo

Métodos pouco científicos, datos desfasados e nesgados, falta de obxectividade... A Xunta asume sen máis os postulados da Federación Galega de Caza dando por boa a teoría da superpoboación, que se basea nun estudo feito por un directivo da FGC!

+info

26/01/2019

ADEGA celebra o 26 de xaneiro o día mundial da Educación Ambiental

#EducaciónAmbiental #EA

O 26 de xaneiro celébrase o día mundial da Educación Ambiental. Desde ADEGA queremos celebrar este día recapitulando o traballo que está a desenvolver a asociación e denunciando a situación actual de precariedade da Educación Ambiental en Galicia

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal