ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
29/03/2019

Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2018

Coincidindo coa 43 Asemblea anual o vindeiro 31 de marzo entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental

+info

28/03/2019

Cultura recoñece danos dunha canteira sobre un Castro de Mondoñedo e o Camiño de Santiago

A Consellería de Cultura abre dilixencias informativas contra a canteira denunciada por ADEGA e Mariña Patrimonio que ocupa o Castro de Trinidade e contradí, cos seus informes, os emitidos polo Servizo de Patrimonio de Lugo.

+info

26/03/2019

A I Deseucaliptización Simultánea de Galiza conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias do monte galego

A deseucaliptización simultánea de Galiza, convocada por Cousa de Raíces, conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias do monte galego. Nas 4 actuacións de ADEGA conseguíronse eliminar máis de 5.000 rebrotes e plantas invasoras.

+info

21/03/2019

Proxecto Ríos de ADEGA celebra o Día Mundial da Auga con atividades dende este 22 até a semana vindeira

Este 22 de marzo celébrase o día Mundial da Auga que trata de facer unha chamada de atención sobre este elemento esencial para a vida das persoas e dos ecosistemas do planeta

+info

20/03/2019

ADEGA suma 4 accións á deseucaliptización simultánea de Galiza

ADEGA participará na deseucaliptización simultánea promovida pola rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, coa realización de 4 accións de eliminación de eucaliptos, acacias e outras especies invasoras en diferentes puntos do país.

+info

17/03/2019

ADEGA Vigo participa na I Xornada de Deseucaliptización Simultánea en Rebordelo

#DeseucaliptizaciónSimultánea #CoutoDaEirexiña

O vindeiro sábado 23 de marzo terá lugar, no Couto da Eirexiña, unha acción integrada na I xornada de deseucaliptización simultánea que vai acontecer en diferentes puntos do pais co gallo da celebración do Día Mundial do Bosques.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal