ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
25/04/2016

Tecendo custodia: crónica da actuación ambiental nos Pozos de Castieixas

Este domingo 24 de abril, no marco da xornada estatal "Axuda a conservar un espazo en custodia", voluntarios/as de ADEGA realizamos o mantemento dos pozos de Castieixas, unha serie de canles e pozas de rega no concello de Montederramo

+info

24/04/2016

Crónica da constitución de Plataforma de defensa da Praia e Ría de Cedeira.

O pasado día 22 de abril, membros de ADEGA e SomosCedeira participamos na constitución dunha plataforma cidadá en defensa da praia e da ría de Cedeira, acto que estivo organizado polo concello de Cedeira.

+info

22/04/2016

22 de abril, Día da Nai Terra: educación e compromiso activo para conservar a nosa natureza

Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitamos lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta pola formación continua e a acción directa

+info

19/04/2016

O concello de Allariz pon en marcha 24 áreas de compostaxe comunitaria para darlle servizo a toda a vila

Este venres presentamos en Allariz o balanzo de situación do programa RE (recuperar, rexenerar, reiniciar) que o concello está a desenvolver na vila coa colaboración de ADEGA. Toda a cidadanía vai poder compostar os seus residuos orgánicos

+info

14/04/2016

PP, PSOE e Ciudadanos urxen gastar 1221 millóns de € nunha autovía inútil que estragará a Ribeira Sacra

A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra

+info

12/04/2016

ADEGA e a CHMS asinan un convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño Sil

Mediante este acordo realizaranse actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos desta bacía, así como actividades de formación e voluntariado ambiental

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal