ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
17/06/2016

Máis composteiros para Allariz!

A veciñanza de Allariz xa non ten escusas para non reciclar. Onte 16 de xuño fíxose un novo reparto de composteiros, nesta ocasión composteiros individuais que foron entregados a persoas da área rural que teñen horta ou xardín.

+info

15/06/2016

Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Solicítaa para a túa entidade!

Este 13 de xuño inaugurouse no MUPEGA a exposición sobre a problemática da especies exóticas e invasoras. A partires de xullo, ADEGA pona a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.). Solicítaa xa!

+info

14/06/2016

ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo

Ante a publicación no BOE do trámite para a autorización de REGANOSA solicitamos a nulidade radical do procedemento de autorización por fraude de lei, desviación de poder, e vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva

+info

13/06/2016

Crónica da participación nas xornadas Fogares Verdes Green4Life

ADEGA participou no intercambio de experiencias Hogares Verdes – Green4Life, organizadas polo CENEAM polo 10 aniversario de "Hogares Verdes", programa que ADEGA desenvolveu ¡en varios concellos de Galiza

+info

09/06/2016

Comboio fumigador de ADIF: envelenando até o último metro

O glifosato enfróntase en poucos días á prohibición definitiva na UE ou á súa re-autorización por un ano. Mentres, moitas administracións seguen usándoo profusamente como se non houber un mañán. Até o útimo minuto e a última pinga...

+info

09/06/2016

Comunicado de desmentido por falsas acusacións públicas contra ADEGA

Ante as falsas informacións que veñen aparecendo nos últimos días na prensa de Lugo, nomeadamente en La Voz de Galicia, ADEGA vese obrigada a defender a súa honorabilidade e a das súas socias e socios a través deste comunicado.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal