ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
13/09/2016

Lugo de Cara ao Miño esixe ao Concello a retirada voluntaria e urxente do dique ilegal do río

A plataforma Lugo de Cara ao Miño, da que fai parte ADEGA, vén de esixir ao Concello de Lugo que execute de forma voluntaria e urxente, antes do remate da época de estiaxe, a retirada do dique ilegal da fábrica da luz, ante o risco de desmoronamento.

+info

12/09/2016

20 anos despois do derrubamento de Bens, só 3 de cada 20kg de lixo son recuperados

ADEGA realizou un acto reivindicativo polos 20 anos do derrubamento do vertedoiro de Bens, chamando a atención sobre a necesidade de millorar o sistema Nostián. Aínda sendo moito millor que SOGAMA, a reciclaxe total atinxe só ao 15% dos residuos...

+info

02/09/2016

Adega nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal denunciou a plantacion ilegal de eucaliptos en varias concellos de Ferrolterra

Denuncia de plantacións ilegáis de eucaliptos en Somozas e outros concellos de Ferrolterra

Adega denunciou e notificou plantacións ilegáis de eucaliptos nas concellos de Somozas, Cariño, Mugardos e outros máis da comarca. A Xunta confirmou varias de estas plantacións ilegáis.

+info

02/09/2016

A "Vuelta Ciclista a España", causa da destrución de hábitats prioritarios no LIC Costa Ártabra

ADEGA, SGHN, SGO e Hábitat denuncian a construción dun aparcadoiro, presuntamente ilegal, no espazo natural Vixía Herbeira, incluído no LIC Costa Ártabra. A obra estaría destinada ao servizo dos espectadores de "La Vuelta" o pasado 23 de agosto.

+info

01/09/2016

ADEGA alerta do perigo de seca no río Sar

O río Sar, no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón, corre un grave risco de quedar totalmente seco.

+info

29/07/2016

As novas ataguías previstas no río Miño tamén incumprirían a Declaración de Impacto do proxecto da Fábrica da Luz de Lugo

ADEGA presentou hoxe alegacións ante a CH Miño-Sil, a DX de Conservación da Natureza e o Ministerio de Medio Ambiente contrarias á execución das novas ataguías propostas polo Concello de Lugo e a empresa executora do proxecto da fábrica da luz.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal