ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
22/03/2017

Día da Auga 2017: por qué desbotar as augas residuais?

A ONU elixíu este tema para celebrar o Día Mundial da Auga (22 de marzo) deste ano. Máis do 80% das augas residuais xeradas no mundo volve a verterse ao ecosistema sen ningún tipo de tratamento nin reutilización

+info

21/03/2017

EUCALIPTO CERO, COMO EN EUROPA! 6 medidas urxentes para salvar os nosos bosques e poñer couto ao eucalipto

No Día Internacional dos Bosques (21 de marzo), os preto de 60 colectivos da rede "Cousa de Raíces" non estamos para ccelebracións: urxen medidas para salver os bosques e poñer couto ao eucalipto. Como en Europa!

+info

14/03/2017

Nova lei de patrimonio natural: protección discrecional e submisión da natureza aos intereses económicos

Co anteproxecto de lei do Patrimonio Natural de Galiza a Xunta pretende adulterar e rebaixar as obrigas de conservación. Consolida unha protección discrecional submetida ao urbanismo e co pouco disimulado obxectivo de privatizar o ambiente

+info

10/03/2017

A empresa INCA retira a demanda contra 9 activistas de Lugo de Cara ao Miño e ADEGA

A empresa adxudicataria do proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz de Lugo, INCA, retira a última hora a demanda por presunta coacción contra varios membros de ADEGA e da plataforma "Lugo de Cara ao Miño".

+info

09/03/2017

De cultivos a pasteiros e finalmente a eucaliptais: así conquista o eucalipto o rural galego

As limitacións á forestación das terras agrarias, especialmente con eucaliptos, baten coa "doutrina" da Dir. Xeral de Montes que considera terreo forestal aos pasteiros. Por esta vía, centos de hectáreas agrícolas están virando en eucaliptais...

+info

09/03/2017

ADEGA alerta que o uso de velenos no monte segue a ser unha práctica xeralizada

En resposta á demora na aprobación do Plano de acción contra o veleno que vén de se informado polo consello da Xunta máis dun ano despois da súa presentación

O Plano de acción contra o veleno demórase xa máis de un ano despois da súa presentación. O uso de velenos é un delicto penal castigado con penas mínimas en relación ao dano que provoca

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal