ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
04/05/2017

Solicítase melloras na renovación do plan de transporte metropolitano local.

Demanda de Adega en Ferrol, de unha mellora no convenio do transporte público en Ferrol e creación de empresa municipal de transportes.

A delegación de Adega en Ferrol, ante a renovación do plan de transporte metropolitano na comarca de Ferrolterra, solicita melloras e fortalecemento de tal plan, así como a creación de unha empresa pública municipal de transportes.

+info

03/05/2017

Algo cheira a podre no Xallas: crónica das privilexiadas relacións entre a Xunta e Villar-Mir

A recente imputación de Villar-Mir polo presunto financiamento irregular do PP, pon o foco nas relacións entre a Xunta e o empresario, dono e señor do río Xallas. A súa non é unha historia, é un idilio...

+info

02/05/2017

Elexida por unanimidade a nova xunta directiva de Adega nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Asemblea e nova xunta directiva comarcal en Adega Ferrolterra

Ferrol 29.4.2017. Realizada no local de Adega en Ferrol, a asemblea anual da delegación nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ademáis dos temas habituáis, informes, contas, presentación novo socio, etc, renovaronse cargos.

+info

28/04/2017

Normativa ambiental e reivindicación ecoloxista, no Sermos-ADEGA nº 10

A reivindicación de que as normas ambientais se cumpran converteuse nunha constante nas demandas ecoloxistas. A pesar do maior peso da educación ambiental e a formación, a denuncia e a reivindicación segue a ser imprescindible

+info

25/04/2017

SOGAMA: nin vertido cero nin economía circular

Un artigo de Manuel Soto, catedrático de Enxeñaría Química e ex-presidente de ADEGA

A respeito dos residuos, o aparello de propaganda do PP teima en apropiarse de novos conceitos como "residuo cero" e "economía circular" para seguir xustificando o gasto de millóns de € en SOGAMA

+info

25/04/2017

ADEGA consegue nos tribunais que a Xunta inicie os trámites para declarar a Cova Eirós como BIC

A presentación do recurso contencioso administrativo de ADEGA ante os tribunais foi determinante para que a Xunta iniciase a tramitación

A Xunta viuse obrigada a adoptar esta decisión en previsión de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz do recurso contencioso-administrativo interposto por ADEGA non mes de xullo contra a Consellaría de Cultura.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal