ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
11/10/2017

Lei de Depredación: golpe de estado administrativo para amparar a expoliación do país

Esta norma socava profundamente o interese xeral e os dereitos da cidadanía, elimina garantías ambientais e de procedemento, ningunea aos concellos e altera o equilibrio institucional, transformando á D. X. de Industria nun sultanato

+info

10/10/2017

ADEGA rexeita a iluminación do parque do río Rato

ADEGA rexeita a iluminación do paseo do do río Rato e, por tanto, a colocación de case 300 farois, a carón do efluente polo impacto que a luminaria creará sobre a flora e fauna do espazo.

+info

02/10/2017

760 persoas en 49 concellos retiran máis de 10 toneladas de lixo dos ríos galegos

Fomos moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos , pero todas tiñamos o mesmo obxectivo: coidar deles e concienciar da necesidade de que estean ben conservados.

+info

20/09/2017

Proxecto mineiro de Touro: apaña o cobre e corre (outra vez)

A explotación do cobre en Touro resucita para aproveitar o alto prezo do metal empurrado pola demanda asiática. Sobre a paisaxe luar das explotacións históricas abandonadas, o novo proxecto nen resolve vellos problemas nen garante solucionar os novos

+info

19/09/2017

Sermos ADEGA nº 12: Abonda xa de eucaliptos!

O número 12 do Sermos-ADEGA incide na problemática ambiental derivada dos impactos da eucaliptización do país e da falta de vontade administrativa para frear a expansión descontrolada do cultivo de crecemento rápido.

+info

12/09/2017

Lei de iniciativas empresariais: o PP dá patente de corso a mineiras e eléctricas para asaltaren o territorio

O PP vén de presentar no Parlamento a proposición de lei de fomento de iniciativas empresariais. A norma é un auténtico caixón “desastre” que modifica pola porta de atrás varias leis coa intención de remover atrancos a costa do ambiente

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal