ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
21/12/2017

Bota a andar a recollida de sinaturas da ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización

Un de cada 5 metros cadrados de solo galego está ocupado por un eucalipto

Representantes das organizacións promotoras da ILP anunciaron este día 20 o inicio da campaña de recollida de sinaturas, que se prorrogará até marzo de 2018. Asina e contribúe a protexer mos nosos bosques!

+info

07/12/2017

ADEGA e outras 17 organizacións galegas levamos ao Parlamento Europeo as desfeitas da industria do eucalipto

No marco das xornadas Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización organizadas polo grupo GUE/NGL do Parlamento Europeo, 18 organizacións levamos a Bruxelas a problemática do eucalipto na Galiza.

+info

05/12/2017

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvasamentos e captacións

ADEGA demanda da Xunta e concellos medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións, sen esquecer e Educación Ambiental para mudar o actual paradigma consumista

+info

05/12/2017

Percorrido, concentración e manifestación en apoio do tren de proximidade

Coruña-Ferrol 2.12.2017. Marcha en tren Coruña-Betanzos-Miño-Pontedeume- Ferrol en apoio do tren de cercanía. Promovido pola Plataforma en defensa do tren nas comarca das Mariñas e Coruña, e co apoio de personas e colectivos.

+info

03/12/2017

A sociedade debe tomar a iniciativa na ordenación dos montes galego-portugueses fronte a eucaliptización e os lumes

Crónica das xornadas galego-portuguesas contra a eucaliptización e os incendios, celebradas esta fin de semana en Salceda de Caselas e Monçao.

+info

27/11/2017

O salmón do Ulla ameazado de extinción pola reapertura da mina de Touro

Un recente estudo aponta que os vertidos de Cu da mina de Touro afectaron ao desenvolvemento e supervivencia do salmón atlántico no río Ulla. A conclusión é estarrecedora: a volta á actividade da mina pode poñer ao salmón ao borde da extinción

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal