ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
27/01/2018

Presentación en Ferrol da campaña na defensa Bosque Autóctono Galego. ILP

Ferrol 26.1.2018. Presentación en Ferrol da campaña na defensa Bosque Autóctono Galego. ILP, coa participación do secretario executivo de Adega, Fins Eirexas e do presidente e secretarios do Adega-Ferrol, Antón Muñiz e Miguel A. González.

+info

24/01/2018

Presentación da ILP en defensa do bosque autóctono en Lugo

Este día 23 presentouse na Galería Sargadelos de Lugo a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios Forestais

+info

18/01/2018

Comunicado sobre a morte a tiros dun lobo en Valiñas (Barro)

O pasado martes un veciño de Barro atopou un lobo morto no lugar de Valinas. O animal levaba menos de tres días morto e conta con tres orificios que sinalan posibles perdigóns.

+info

15/01/2018

Programa de sensibilización cidadá para mellorar a recollida de residuos en orixe

Obradoiros sobre reciclaxe na mancomunidade de concellos Serra do Barbanza

Aberto o prazo para solicitar actividades do programa “O lixo dende o teu concello” na Manc. Serra do Barbanza. Os obradoiros impartiranse en centros de ensino, asociacións e concellos que xestionan o seu lixo dun xeito alternativo a SOGAMA

+info

09/01/2018

Balanzo da campaña de doazóns por un monte galego vivo

Logo da última vaga de lumes, diversas organizacións e persoas mobilizáronse para colaborar económicamente na recuperación do monte e o cambio de modelo forestal, através das iniciativas nas que ADEGA participa.

+info

08/01/2018

O PP non quere ecoloxistas na Comisión dos lumes

A recentemente criada “Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia” non contará coa comparecencia dos colectivos ambientalistas galegos

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal