ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
13/01/2023

A eucaliptización e os parques eólicos ameazan a Ave do Ano 2023

As persoas estudosas da tartaraña cincenta (Circus pygargus) alertan sobre a desaparición inminente desta especie migradora ligada a zonas agrícolas e de matogueira aberta

A tartaraña cincenta (Circus pygargus) vén de ser elixida Ave do Ano 2023. É unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación e simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen

+info

26/12/2022

ADEGA Lugo denuncia que o Concello agasalla árbores vivas como adornos do Nadal

Estes días a área de Medio Ambiente repartiu árbores de Nadal vivas para fomentar o comercio local. Dende ADEGA exiximos transparencia, e se informe da orixe e destino das árbores, así como dos custos xerados pola actuación.

+info

23/12/2022

Os resultados do último censo do lobo non son tan optimistas como anunciou a Xunta

A Xunta debería asumir a protección do lobo en lugar de manobrar para excluilo da Listaxe de especies en réxime de protección especial

ADEGA cuestiona a satisfacción da Xunta ante o anuncio dos resultados do novo censo das poboacións de lobo en Galiza, parabenizándose a si mesma de ter aumentado en tres grupos máis con respeito ao anterior censo (2015).

+info

09/12/2022

O PRUX das Fragas do Eume certifica o desleixo da Xunta pola conservación deste emblemático parque natural

Comunicado conxunto dos grupos ecoloxistas e de custodia

Con 25 anos de retraso a Xunta está a tramitar a principal ferramenta de xestión das Fragas do Eume, o PRUX. Este documento, obrigatorio por lei, debería ter sido aprobado no prazo de dous anos logo da declaración do parque, isto é, en 1999

+info

25/11/2022

ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación na tramitación de parques eólicos de Greenalia

ADEGA presenta denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación de parques eólicos de Greenalia.

+info

23/11/2022

A Xunta modifica ilegalmente o Plano Director da Rede Natura 2000 para saltarse os trámites de consulta e participación pública

A “lei de acompañamento” dos orzamentos de 2023 inclúe profundas modificacións do Plano da Rede Natura 2000. Modificar este plano precisaría dun procedemento de información pública e de consultas, trámite que a Xunta quere furtar

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal