ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
17/10/2016

Perante o inicio da tempada cinexética, ti podes ampliar o monte libre de caza!

Este día 16 comezou a tempada de caza para as preto de 50.000 licenzas que existen en Galiza. A Lei de caza concede aos cazadores dereitos sobre grande parte do monte galego entre hoxe e o 6 de xaneiro, sen contar batidas e "campionatos"

+info

16/09/2016

Somos Cedeira e ADEGA exiximos o compromiso escrito de Costas coa avaliación ambiental da Madalena

No comunicado de Somos Cedeira subscrito por ADEGA insístese na necesidade de acometer unha Avaliación de Impacto Ambiental e o compromiso escrito e asinado do Xefe da Demarcación de Costas

+info

02/09/2016

A "Vuelta Ciclista a España", causa da destrución de hábitats prioritarios no LIC Costa Ártabra

ADEGA, SGHN, SGO e Hábitat denuncian a construción dun aparcadoiro, presuntamente ilegal, no espazo natural Vixía Herbeira, incluído no LIC Costa Ártabra. A obra estaría destinada ao servizo dos espectadores de "La Vuelta" o pasado 23 de agosto.

+info

02/09/2016

Adega nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal denunciou a plantacion ilegal de eucaliptos en varias concellos de Ferrolterra

Denuncia de plantacións ilegáis de eucaliptos en Somozas e outros concellos de Ferrolterra

Adega denunciou e notificou plantacións ilegáis de eucaliptos nas concellos de Somozas, Cariño, Mugardos e outros máis da comarca. A Xunta confirmou varias de estas plantacións ilegáis.

+info

12/07/2016

Outra tonelada e media de Carpobrotus retirada de Sálvora polo voluntariado

Dando continuidade aos traballos encetados o pasado ano, a ducia de voluntarios/as de ADEGA que vimos de traballar en Sálvora para a recuperación dos hábitats autóctonos conseguimos retirar preto de 1500 kg de herba do coitelo

+info

04/07/2016

Eliminando invasoras e coidando das charcas en Sálvora

ADEGA organiza xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas un campo de voluntariado ambiental estes 5, 6 e 7 de xullo. O lugar escollido para esta nova actuación é a illa de Sálvora

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal