ADEGA cualifica de chafallada e esperpento a batida desta fin de semana en Friol, autorizada de xeito ´express´ pola Xunta. Ilegalidades como a presenza de menores e o uso de foguetes, remataron cun único ´trofeo´abatido: un can!
O fracaso na posta en marcha de medidas preventivas non pode ser substituído por controis poboacionais. É falso que exista sobrepoboación.
ADEGA, AVV de Brión e BNG presentamos diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, protesta formal polo proxecto de botar os escombros da futura obra do tren ao porto exterior de Ferrol, nos montes de Brión (Ferrol) xunto a zonas de mámoas, manantiáis,.
Galiza precisa dun centro de referenza para a recuperación da fauna mariña. Diante da paralización do proxecto en Baredo (Baiona), ADEGA propón usar as naves do Gaiás (xa construídas) e as lagoas nas fochancas das obras do CAI e do Xardín Literario
Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, degradado pola propia administración...
Relizada mesa informativa de ADEGA nas comarcas de Ferrol , Eume e Ortegal a prol do transporte sostíbel, mellora do transporte público, promoción do uso da bicicleta , bus e tren.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal