A delegación de Lugo de ADEGA, pon en marcha as xornadas “Ecoloxía na cidade” centrándoas neste mes de abril no lixo, e a súa problemática en canto á xeración e xestión.
ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa veñen de recurrir en alzada a decisión de Augas de Galiza de autorizar o transvase temporal das augas de tres regos da contorna da mina de Touro, con destino á balsa de Vieiro
Un ano máis ADEGA súmase á Semana Europea de Prevención de Residuos que terá lugar do 21 ao 29 de novembro. O obxectivo desta campaña é levar a cabo durante unha única semana accións de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e residuos.
Augas de Galiza aproba o transvase temporal de tres regos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro unha marxe de 6 meses para buscar unha solución definitiva. Todo aponta a que outro proxecto mineiro está ao caer...
Durante a pasada fin de semana, unhas 30 entidades entidades e máis de 600 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar, xunto con ADEGA, a problemática ambiental do lixo mariño.
As recentes verteduras ao Eume augas abaixo do encoro da Capela e que acaban de provocar a declaración de emerxencia no río son un episodio máis da triste historia dunha canle maltratada pola minaría e esquecida polas administracións.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal