A plataforma polo saneamento integral da ría de Ferrol, á que pertence ADEGA, conseguiu varias melloras nalgúns tanques de tormentas tras varios meses de actividade. Aínda así, son insuficientes.
ADEGA cursou varias denuncias contra plantacións ilegais de eucaliptos nos concellos de Lugo, Begonte e Rábade, e consegue que se retire a especie nalgunhas destas parcelas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.
En 2014 ADEGA dará continuidade ao proxecto "Charcas con Vida" iniciado en 2013. Centos de voluntarios/as axudaron xa a coñecer e conservar as charcas de Galiza. Ti tamén podes colaborar: Enchárcate con nós!
A Plataforma Cívica SomosCedeira, e ADEGA desexan manifestar públicamente a súa rotunda oposición aos plans anunciados pola Demarcación de Costas de Galicia e o Concello de Cedeira, relativos ao propósito de volver facer recheos de area na praia.
ADEGA-Lugo propón unha nova xeira de roteiros para os primeiros meses de 2014. O programa Roteiros H2O está destinado a recoñecer a auga en varias das súas formas e funcionalidades e en diferentes eidos e espazos naturais do país. Descárgao!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal