Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Co lema "Móvete por un ar máis limpo" quérese destacar o impacto do transporte a motor no ar que respiramos. Mentres, a Xunta insiste na falsa mensaxe da boa calidade do ar en Galiza.
Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.
Por se non foran poucas as agresións que ten sufrido a ría de Ferrol (voaduras, contaminación, recheos...) agora Portos do Estado pretende converter a ría nun centro de abastecemento e trafego de hidrocarburos entre buques, ou "bunkering"
Hoxe comezou a campaña de recollida de sinaturas para que se debata no parlamento a iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal