ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
08/04/2021

ADEGA intensifica a vixilancia e denuncia de cortas e repoboacións ilegais ante a nova vaga eucaliptizadora

ADEGA pon a disposición da cidadanía un formulario en liña (http://bit.ly/denunciaforestal) para facilitar a denuncia de plantacións e cortas ilegais no monte galego.

+info

06/04/2021

As ecoloxistas reclamamos transparencia sobre os proxectos presentados por Medio Ambiente aos fondos europeos

ADEGA, Amigos da Terra, AGCT, Verdegaia, GN Hábitat, SGHN e SGO esixen coñecer os 10 proxectos presentados pola Consellaría de Medio Ambiente ao fondos "Next Generation" e instan de novo á Xunta a cumprir coa normativa ambiental.

+info

25/03/2021

Delirio eólico en Trevinca: construir 38 km de autovía e 29 campos de fútbol no teito de Galiza

O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!

+info

18/03/2021

ADEGA insta á Xunta a facer efectiva a moratoria do eucalipto e a recuperar a superficie ocupada ilegalmente por esta invasora

O anuncio da moratoria por parte da Xunta de Galiza, no canto de frear as ansias eucaliptizadoras dalgúns propietarios forestais, está a alentar a proliferación de novas plantacións, mentres esta medida non teña unha aplicación efectiva.

+info

12/03/2021

Xunta e Estado renuentes a liberar os nosos ríos de encoros caducados

Este 14 de marzo é o Día Internacional de acción polos ríos, antes día de loita contra os encoros. Galiza é un dos territorios europeos con maior presión hidroeléctrica, mais as administracións galega e española amosan pouco entusiasmo por liberalos.

+info

08/03/2021

Plantación de teixos na Eira da Xoana

O pasado 6 de marzo realizouse a primeira acción de plantación da campaña "O Teixo: tempo ao tempo" que promove ADEGA e a Fundación Eira

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal