Desde o pasado mes de abril, ADEGA uniuse á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra, unha ONGD que traballa na Coruña fomentando a reutilización e a reciclaxe téxtil e criando postos de traballo entre a poboación en risco de exclusión social.
A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34% o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!
O rexeitamento do proxecto de Corcoesto pola Xunta non se debeu a causas ambientais. De feito, tanto Feijóo como Aréchaga, director do proxecto e ex-responsábel da mina das Pontes, insisten na súa inocuidade e poñen de modelo ao "lago" de Endesa...
A noticia de que a Xunta rexeitará o proxecto de Corcoesto por "insolvencia financeira e técnica" non significa que desapareza a ameaza da megaminaría en Galiza. Co PSAEG, Galiza seguirá sendo "unha mina", só que para peixes máis grandes...
Onte tivo lugar unha mesa redonda sobre os impactos sobre na ría de Ferrol do proxecto de tren cara ao porto exterior, na que participou Xandro García, Vicepresidente de ADEGA e membros da asociación Muiño do Vento de Canido (Ferrol).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal