O xoves dia 5 de Xullo do 2012 pasará á historia despois de que o Ministerio de Medio Ambiente publicase no boletín Oficial do Estado a declaración de impacto ambiental negativa do encoro no río Navia, promovida por Saltos del Navia.
Vintecinco voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza déronse cita na Praia da Corna (Pobra do Caramiñal), co obxectivo principal de retirar flora exótica invasora no ecosistema dunar desta praia do Barbanza.
En vésperas do remate do curso escolar, en ADEGA queremos sumarnos á denuncia sobre o estado do ensino, en particular sobre a situación da Educación Ambiental nas escolas de Compostela.
Presentouse en Padrón a Plataforma pola Recuperación do Sar, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin acadar para o Sar, así como para as súas ribeiras, unhas condicións ambientais óptimas.
Actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal