ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Toda a información sobre a Folga Mundial polo...

22-09-2019

Toda a información sobre a Folga Mundial polo Clima en Galiza. Úneste para participar?

#XuntasPoloClima


O vindeiro 27 de setembro terá lugar a Folga Mundial polo Clima promovida polo colectivo Xuventude polo Clima - Fridays for Future, unha xornada reivindicativa que conta xa con convocatorias en máis de dúas mil cidades de 155 países e que podería converterse nunha das maiores mobilizacións a prol do clima a nivel mundial da historia. A iniciativa esixe a declaración, por parte das diferentes institucións, do estado de Emerxencia Climática e a adopción urxente de diferentes medidas para combater e contrarrestar os efectos do cambio climático que é xa unha realidade.

Galiza, súmase ás mobilizacións

A chamada mundial a facer concentracións en protesta pola situación climática tivo a súa resposta no noso país, onde os diferentes grupos locais do colectivo Fridays for Future convocaron asembleas para artellar a xornada e nas que se apelou á participación do tecido asociativo presente nas distintas cidades. Foi deste xeito que se creou o colectivo Movemento Galego polo Clima, do cal ADEGA fai parte xunto a máis de 60 entidades, e que naceu froito da vontade de diferentes asociacións ecoloxistas e sociais para unir forzas e brindar apoio á iniciativa. Durante as últimas semanas traballouse para concretar horarios e lugares, preparar material, organizar a loxística, etc. Así mesmo, parte dos esforzos adicáronse á elaboración dun manifesto galego propio que foi redactado en consenso e asinado polas diferentes asociacións implicadas.

Convocatorias por todo o país e actividades paralelas. Únete e participa

Actualmente hai convocadas concentracións nas principais vilas galegas: A Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo e Vigo. Ademais, en moitos centros escolares está previsto realizar paros puntuais na actividade lectiva.

Amais das propias concentracións, nalgunhas cidades programáronse axendas para os días previos e posteriores ao venres 27. Tal é o caso de Compostela, Vigo ou A Coruña, que contan cunha serie de actividades paralelas que teñen como finalidade dar unha continuidade ás vindicacións expostas no manifesto e achegar á cidadanía diferentes problemáticas medioambientais que afectan actualmente ao noso territorio, así como dar visibilidade ás propostas de diferentes colectivos  que levan anos apostando e defendendo modelos alternativos e sostíbeis de mobilidade, soberanía alimentaria, etc.

VIGO
Luns 23
. 19 horas. Presentación das actividades (Praza do Paseo de Alfonso). Fridays for Future, Movemento Galego polo Clima,
Martes 24. 19 horas (Aula D. Rúa Elduayen nº 36). Palestra: “Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación.”, a cargo de ADEGA-Vigo.
Xoves 26. 19 horas (Cooperativa Árbore). Acto pola Soberanía Alimentaria, Marcha Mundial das Mulleres.
20.30 horas. Paseo de Alfonso. Bicicleando polo Clima, Masa Crítica de Vigo.
Venres 27. 11 horas. Concentración estundatil na Praza do Rei. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S.

COMPOSTELA
Martes 24.
18.30 horas (Casa do Matadoiro). Palestra: 'A eucaliptización de Galicia', ADEGA-Cousa de Raíces, CMVMC Froxán e Por un monte galego con futuro.
20 horas . Palestra Eco-feminista a cargo de Teresa Moure.
Mércores 25. 20 horas (Casa do Matadoiro). Bicicletada polo clima.
Xoves 26. 19.00 horas (Casa do Matadoiro). Mesa redonda: "As caras do espolio", con ADEGA, Galiza un futuro sen Carbón e Plataforma Mina Touro-O Pino Non.
20 horas. Documental e coloquio: "Redes contra a política do espolio", con Xosé Bocixa.
Venres 27. De 16:00 a 19.30 horas (Praza do Matadoiro) Cociña solar con ADEGA. Ás 17:30 Roteiro agroecolóxico con ADEGA. Ás 19:30 Manifestación polo Clima desde a Praza do Matadoiro.
Domingo 29. 11:00 horas, Limpeza do río Sarela de Proxecto Ríos. Punto de quedada na esplanda do Estadio de Santa Isabel (Galeras).

A CORUÑA
Martes 24.
19 horas (Obelisco). Faladoiro: “Cómo consumir dun xeito mais responsable, local e sen envases”, Zocamiñoca e O Recuncho do Granel.
Mércores 25. 19 horas (O Fiandón). Charla "Transición Ecolóxica, Mitigación e Prevención".
Venres 27. 12:00 h. Concentración ante os centros de ensino. 13:00 h Limpeza de Río Lagar (Organiza Proxecto Ríos). 20:00 h. Manifestación polo Clima 27S, Xardíns de Méndez Núñez. 

LUGO
Luns 23
. Facultade politécnica. Palestra: 'O capitalismo non é verde'.
Martes 24.  Ás 20.00 Charla da plataforma Salvemos o Iribio, no C.S. Madialeva.
Mércores 25. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. palestra: 'Por que arde o monte e que facemos?'
Xoves 26. Salón de actos de Maxisterio. 'O Cambio Climático dende un punto de vista científico'. Ás 20.15 Roteiro en bici coa MASA CRÍTICA. Diante do Concello.
Venres 27. 12 horas. Manifestación polo Clima. Saída dende a Praza Horta do Seminario. 20 horas. Concentración diante do Concello.
Domingo 29. Limpeza do río Miño con ADEGA-Proxecto Ríos e Lugo de Cara ao Miño. Ás 10:00 na Ponte Romana.

OURENSE
Venres 27
. 20 horas. Concentración na Praza Maior 
Domingo 29.
Limpeza do río Barbaña (Proxecto Ríos).

PONTEVEDRA
Venres 27
. 12 horas. Concentración fronte á Subdelegación do Goberno. 20 horas. Manifestación dende a Praza da Ferreiría ata a Peregrina. 

FERROL
Venres 27
. 12 e 19.30 horas. Concentracións na Praza Amada García.

O SALNÉS
Martes 24.
18:30 h. Performance "Toca un tema polo planeta" na rúa Brandaríz de Vilagarcía.
Mércores 25.
17:00 Obradoiro de pancartas e lemas no Parque Miguel Hernández.
Xoves 26.
Defensa da moción pola Emerxencia Climática no pleno de Vilagarcía.
Venres, 27.
16:30 h. Gymkana infantil no Liceso do Casino. Ás 20:00 horas á Concentración máis próxima.

RIBADEO
Venres 27
. 20 horas. Concentración diante do Concello

LALÍN
Venres 27. As 10.35 Concentración diante do IES Laxeiro.

CORCUBIÓN:
Do 23 ao 27:
repositorio audiovisual con imaxes das manifestacións e accións da semana polo clima. Na biblioteca do CEIP Praia de Quenxe en horario escolar.
Venres 27: proxección pública na Praza de Castelao, ás 20 h. Organiza. As. Boca de Sapo.

GONDOMAR:
Xoves 27.
20 horas. Charla presentacióin da Cooperativa Nosa Enerxía no local de Instituto de Estudos Miñoranos, con Comando Ghichas, e a colaboración do IEM.

Dende ADEGA animámosvos a procurar a convocatoria máis próxima, consultar a axenda completa das diferentes actividades e a participar delas e da manifestación polo clima que terá lugar o próximo venres 27 de setembro.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal