ADEGA

Inicio / Novas / Todas / A praia de Arealonga de Barreiros limparase de...

15-10-2018

A praia de Arealonga de Barreiros limparase de lixo o vindeiro sábado

ADEGA-Lugo particpará na sétima edición da Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar o vindeiro sábado, 20 de outubro, para coordinar a recollida manual de lixo na praia de Arealonga (concello de Barreiros). Tamén colaborará nas tarefas de limpeza, que durarán tres horas, entre as 11:30h e as 14:30h, aproximadamente, o Colectivo Cultural Ollomao.  

As persoas que queiran participar, deberán anotarse previamente, chamando ao 982 240 299 ou 670 260 440, ou enviando un correo electrónico ao enderezo alba@adega.gal co seu nome completo e un teléfono de contacto.  

O punto de encontro terá lugar ás 11:30h da mañá, na explanada que hai en fronte do restaurante “La Yenka” (Estrada da Praia, 32). Será preciso levar calzado axeitado, preferentemente impermeable, e luvas para unha maior seguridade durante a recollida.  

A actividade realizarase seguindo as indicacións do protocolo de actuación editado por ADEGA, para unha axeitada limpeza ecolóxica de praias.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal