ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA alerta do perigo de seca no río Sar

01-09-2016

ADEGA alerta do perigo de seca no río Sar

Debido á ruptura da presa da canle de derivación a auga que discorre polo cauce do río Sar estase a drenar polo burato da presa coa subseguinte perda de caudal augas abaixo. Isto provoca, sumado ás inexistentes precipitacións destes últimos meses, que no treito sinalado o río Sar estea practicamente seco, chegando ao límite de auga necesario para o mantemento da vida acuática ao non garantirse o caudal ecolóxico.
Dende ADEGA alertamos da grave situación que se está a producir e reclamamos que tanto o Concello de Padrón como Augas de Galicia solucionen este problema taponando o burato por onde se drena a auga para que volva a fluir polo leito do Sar.
Tamén, varios clubes de pesca da zona amosaron a súa preocupación por esta situación e alertaron ao Servizo de Conservación da Natureza e ao Concello de Padrón, os cais non trasladaron a problemática a Augas de Galicia.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal