ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A...

15-06-2016

Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Solicítaa para a túa entidade!

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas, a exposición "A AMEAZA SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA".

Trátase dunha exposición sobre as especies invasoras e a súa problemática que consta de 13 paneis de 190 x 70 cm autoportantes, así como de dúas peanas con material expositivo. Cederase gratuitamente durante un periodo de 15 dias e até fin de ano grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. Poderá ir acompañada dunha charla de presentación ou dun obradorio de iodentificación e/ou inventariado das especies de flora e fauna invasora próxima.

Instrucións para as entidades solicitantes

As SOLICITUDES ou consultas de disponibilidade faranse enviando un mail ao comisario da exposición ramses@adega.gal ou chamando ao 616238050. 
Na solicitude hai que achegar os seguintes datos: 

  1. Nome da entidade solicitante.
  2. Enderezo, teléfono e mail.
  3. Características da sala ou local de exposición.
  4. Datas preferentes e datas alternativas.
  5. Motivo do interese pola exposición. Actividade(s) prevista(s) a realizar para acompañar a exposición.
  6. Solicitude asinada co selo da entidade solicitante.
A CESIÓN será de carácter gratuito e durante quince días. A exposición será transportada por persoal de ADEGA pero contará coa axuda da entidade solicitante para realziar as tarefas de carga, descarga e montaxe.

COMPROMISOS: A entidade solicitante da exposición compremetese á garda e custodia durante o periodo de cesión e a colaborar na súa montaxe e desmontaxe da   Divulgar no entorno a sua difusión. Deberá tamén realizar un resumo ao remate do periodo, incluindo o número aproximado e perfil das persoas visitantes así como as paobas da difusión e impacto nos medios de comunicación.

Compomisos de ADEGA

ADEGA comprométese a transportar os materiais até o lugar expositivo acordado e a divulgar na súa web www.adega.gal e contas nas redes sociais o lugar, data inauguración, entidade colaboradora e periodo de exposición.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal