Inicio / Novas / Delegacións / Nostián solución! É urxente millorar a xestión...
11-06-2014
O manifesto "Nostián Solución", asinado por asociacións ecoloxistas, sindicatos, cooeprativas de consumo e colectivos sociais da Coruña, insta a concello e responsábeis da planta de Nostián a millorar a taxa de reciclaxe. Pódese e débese!
Os colectivos e entidades que asinamos este escrito consideramos que, cos axustes que sexa necesario, o modelo de recollida separada e o tratamento que Nostián pode ofrecer seguen a ser válidos, polo que facemos un chamamento ás administracións e a cidadanía en xeral a ter en conta a análise e propostas que de seguido facemos.
En datos de 2011, en todo o ámbito de Nostián conseguiuse reciclar o 13,4% dos residuos, unha cifra superior ao 8,2% do ámbito SOGAMA, pero moi inferior ao 35,7% do ámbito da planta comarcal do Barbanza, e sobre todo, moi inferior ao 80% de reciclaxe que están a alcanzar algunhas cidades e comarcas avanzadas, tanto no estado español como en Europa.
A recollida separada en orixe é imprescindible para que a planta poida acadar bos resultados de recuperación e reciclaxe. a participación cidadá e os resultados foron diminuíndo ao longo dos últimos dez anos. Unicamente a recollida de vidro (57% en 2011) pode considerarse medianamente satisfactoria, mentres que a recollida separada de papel/cartón, con só o 19% das cantidades xeradas, danos unha clara idea da actual situación. O contedor verde captura menos do 40% dos residuos orgánicos, e faino ademais cunha calidade insuficiente, pola alta porcentaxe de impropios que contén en moitos dos ámbitos de recollida.
A responsabilidade desta situación non fica na cidadanía, senón nos axentes encargados:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal