ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

31/03/2016

En abril celebraranse en Lugo as I Xornadas "Coñecendo o Miño"

Terán lugar os xoves de abril no Museo provincial de Lugo, ás 20.30 horas.

A plataforma “Lugo de cara ao Miño”, da que fai parte ADEGA, organiza para o vindeiro mes de abril as I Xornadas “Coñecendo o Miño” destinadas a divulgar os valores naturais, patrimoniais e histórico do río máis emblemático de Galiza. Le o programa!

+info

14/03/2016

ADEGA e "Lugo de Cara ao Miño" piden a retirada do dique do Miño no Día mundial dos Ríos

Con motivo do Día Mundial dos Ríos, ADEGA e a plataforma "Lugo de Cara ao Miño" demandamos a retirada do dique contruído no río para promover unha minicentral na fábrica de luz de Lugo dentro dun espazo protexido como Rede Natura. Fóra dique!

+info

10/02/2016

O dique construído no río Miño en Lugo non pasou a avaliación de impacto ambiental

ADEGA presentou alegacións ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil contra a construción dun dique a carón do Caneiro da Luz que non estaba contemplado no Proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz de Lugo, nin na Declaración de Impacto Ambiental.

+info

21/12/2015

ADEGA entregou hoxe os V Premios polo Territorio de foto, relato e curtametraxe

ADEGA entregou hoxe os premios da V edición dos Concursos de Fotografía, Relato e Curtametraxe polo Territorio, enmarcada na campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". O acto tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

+info

18/12/2015

Plantar eucaliptos a carón do Camiño de Santiago, falta grave e 4800€ de multa

ADEGA vén de coñecer a resolución de Patrimonio á denuncia dunha plantación de eucaliptos en de Palas de Rei, en pleno Camiño Primitivo: é infracción grave multada con 4800€ e retirada dos plantóns por atentar contra o patrimonio cultural

+info

16/12/2015

ADEGA non paralizou as obras da empresa Inca no río Miño nin increpou aos seus traballadores

ADEGA desmente as inxurias vertidas sobre a organización pola empresa Inca, concesionaria do aproveitamento hidráulico da fábrica de luzo de Lugo, por ter supostamente "paralizado" as obras dun dique e "increpado" aos seus traballadores.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal