Adega
INICIO Últimas novas O PP comprométese a que a ILP da reciclaxe se debata no Parlamento antes do verán
O PP comprométese a que a ILP da reciclaxe se debata no Parlamento antes do verán PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP comprométese a que a ILP da reciclaxe se debata no Parlamento antes do verán a FaceBookEnvia O PP comprométese a que a ILP da reciclaxe se debata no Parlamento antes do verán a Twitter

18 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" vimos de reuirnos co grupo parlamentar do PP para lle demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, comprometeuse cando menos a non demorar a inclusión na orde do día do Pleno, e a que a ILP da reciclaxe sexa debatida denantes do verán. Trátase dunha boa nova, que garante que a iniciativa dos máis de 21.000 galegos e galegas que apoiaron esta ILP non vai ficar esquecida nun caixón, mais non implica que o grupo maioritario a vaia apoiar.

No seu momento, os tres grupos da oposición amosaron a súa postura favorábel a aprobar esta ILP e incorporala ao ordenamento xurídico galego. Agora só depende do PP estar á altura do compromiso destes milleiros de persoas facilitando unha tramitación rápida e apoiando unha norma que só pretende dar forza xurídica á xerarquía dos "3R" consagrada nas leis, e actualmente subvertida por modelos como SOGAMA.

Dende a Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, confiamos en que os responsábeis parlamentares do PP cumpran a súa palabra e faciliten o debate da ILP nun pleno denantes do verán.

Entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa, polo que aos representantes políticos non lles debera dar igual apoiar un ou outro modelo de tratamento dos RSUs. A este respeito as leis son claras: a Redución, a Reutilización, a Reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica son prioritarias e teñen un predominio xerárquico sobre a incineración e o vertido que practica SOGAMA. Ademais a reciclaxe e a compostaxe xeran máis postos de traballo que a incineración, que mesmo produce a perda de actividade no sector agrogandeiro, turismo, etc. alén de ser máis custosa para o peto dos cidadáns.

Por iso, este apoio inicial do PP non debera limitarse a facilitar o debate, senón que debería traer aparellado o compromiso de aprobar esta ILP para reorientar a actual política de xestión de residuos cara modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios. No actual contexto de crise, a moitos concellos non lles ten conta seguir vencellados a SOGAMA, cuxos prezos non deixan de aumentar e pesan como unha lousa sobra as maltreitas economías locais. As opcións baseadas na compostaxe, poden dimensionarse á medida de cada concello, mancomunidade ou comarca e traballan con tecnoloxías limpas, brandas e de baixo custo. Non é esta unha razón de peso para que o PP reflexione e deixe de fomentar o ruinoso sistema da incineración/vertido?

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA