Adega
INICIO Últimas novas Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto
Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto a FaceBookEnvia Manifestación en Carballo en defensa da Terra e contra a barbarie mineira de Corcoesto a Twitter

Este domingo 14 de abril ás 12 h. convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, da que fai parte ADEGA, centos de persoas démonos cita nunha multitudinaria manifestación en Carballo contra a autorización por parte da Xunta de Galiza da mina de Corcoesto, como pretende a empresa transnacional canadiana Edgewater. Manuel Rivas pechou acto dando lectura ao manifesto da Plataforma. Corcoesto é o inicio dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta aurífera Malpica-Tui, e ducias doutros proxectos mineiros por todo o país. Con este acto en Carballo e coas mobilizacións que seguirán queremos dicirlle á Xunta que Bergantiños, que Galiza, non quere esta nin esta nin calquera outra mina destrutiva no noso territorio.

Non é un problema local de Corcoesto, Cereo ou Valenza. Non é un problema de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Non é un problema de Bergantiños. É un problema de toda Galiza.

Esta manifestación convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, estivo apoiada por distintas organizacións sociais, políticas, agrarias, ecoloxistas, sindicais:  ADEGA, Verdegaia, rede Galiza Non se Vende, Senda Nova, Espazo Ecosocialista, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CC.OO., Sindicato Labrego Galego, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega de Esquerdas,  Compromiso por  Galicia, Galiza Nova, Partido da Terra, Véspera de Nada, ASC O Iribio, Plataforma pola proteccion  da Serra do Galiñeiro, Foro Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns,  AA.VV. de Cereo, Contramínate de Laxe…

Esperemos que o éxito desta mobilizacióne as que seguirán no futuro obrigue á Xunta de Galicia a deixar a conivencia con Edgewater e non aprobe a declaración do proxecto como industrial estratéxico, faga caso ás voces discrepantes da propia administración pública e non vaia adiante esta auténtica barbaridade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA