![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
Todos os grupos da oposición apoiarán a Iniciativa Lexislativa Popular pola reciclaxe |
![]() |
![]() |
![]() |
O movemento ecoloxista galego e numerosos colectivos sociais levamos décadas reclamando un novo modelo de xestión de residuos para Galiza, un sistema descentralizado baseado na redución, a separación dos residuos orgánicos (que para SOGAMA non son reciclábeis!!), e a compostaxe, para camiñarmos, como o resto de Europa, cara unha sociedade da reciclaxe. Dende a Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, insistimos na necesidade de poñer as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos, porque entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa. Para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e europea. É precisamente esta subversión do marco legal e das directivas europeas, a razón de acudirmos a Europa para expoñer a catastrófica xestión dos residuos en Galiza e presentarlle aos responsábeis da Comisión e o Parlamento Europeo a realidade dun sistema, o de SOGAMA, ruinoso e perigoso para a saúde. |