Adega
INICIO Últimas novas O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona
O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona PDF Imprimir Correo-e
Envia O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona a FaceBookEnvia O PP retira por decreto ao cangrexo americano a categoría de invasor, desafiuzando á nosa fauna autóctona a Twitter

canheteinvasor15 de marzo de 2013. O Consello Territorial de Medio Ambiente vén de acordar a exclusión da troita "arco-iris" e do caranguexo americano do catálogo español de especies invasoras. Confírmase así o práctico baleiramento de contido desta norma, básica para a conservación da nosa biodiversidade, que comezou ao pouco de chegar Rajoy á Moncloa cando permitiron o aproveitamento cinexético e comercial dalgunhas especies. O cangrexo americano (Procambarus clarkii) está hoxe presente en moitos dos nosos ríos e é a causa da práctica extinción do caranguexo autóctono. Agora, ignorando os criterios científicos, Cañete concédelle bula abríndolle de par en par a porta dos nosos ecosistemas, condeando á extinción a moitas especies autóctonas e derramando os esforzos feitos até o de agora para combater esta invasión. Bo proveito, Sr. Cañete!

As exóticas e invasoras son a segunda causa da perda de biodiversidade no mundo, despois da alteración dos hábitats. Supoñen ademais un gasto de millóns de euros que poderían aforrarse con programas efectivos de divulgación, alerta e eliminación das pequenas invasións antes de converterse nun problema maior.

O Catálogo de Especies Invasoras debería estar baseado en criterios científicos e non en intereses económicos, como pretende o PP. Deste catalogo xa se teñen "indultado" numerosas especies moi prexudiciais para os ecosistemas por intereses económicos, como por exemplo algunhas especies piscícolas, por intereses das compañías de acuicultura ou clubes de pesca.

ADEGA denuncia a falta de implicación e preocupación por parte da administración en programas tanto de divulgación, alerta, seguemento como de eliminación de especies invasoras. Este ano, a Xunta vai adicar 0€ (cero euros) á loita contra as invasoras e este acordo do Ministerio vai abrirlle definitivamente a porta algunhas destas especies para colonizar sen restricións os nosos ecosistemas.

Dende ADEGA-Proxecto Ríos vimos desevolvendo dende o 2007 proxectos de divulgación, educación e voluntariado ambiental centrados nesta problemática, nos que levan participado varios centos de persoas en todo o país. A participación cidadá neste tipo de actuacións consegue informar e concienciar sobre as especies invasoras á cidadanía, que despois colabora activamente na prevención e detecciión temperá.

Agora, e exclusivamente por intereses económicos, Cañete derrama todo este traballo, recursos e esforzos adicados á loita contra as invasoras, condeando os nosos ríos á perda definitiva da súa diversidade natural. Non tardaremos moito en ver a Cañete e Villar-Mir na "Festa Gastronómica do Cangrexo Americano" no encoro da Fervenza ou en Cecebre. Bo proveito!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA